Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO esixe tomar medidas polo aumento dos accidentes mortais e chama a atención sobre o sector forestal

  • O sindicato sinala que malia o estado de alarma e a diminución da actividade, no primeiro trimestre do ano, malia o estado de alarma, houbo un incremento dos accidentes de traballo mortais

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia esixe tomar medidas ante o aumento dos accidentes de traballo con resultado de morte. Así mesmo, chama a atención sobre a situación do sector forestal, onde se produciron este ano varios accidentes, algúns deles mortais, como os dous que se rexistraron a pasada fin de semana no concello pontevedrés da Estrada e no ourensán de Padrenda.

26/10/2020.
CCOO chama a atención sobre a situación do sector forestal, con numerosos sinistros este ano

CCOO chama a atención sobre a situación do sector forestal, con numerosos sinistros este ano

O secretario de Saúde Laboral de CCOO, Roi Fernández, sinala que a pandemia da COVID-19 «non nos pode facer esquecer esta realidade, tamén cotiá», e explica que os accidentes de traballo mortais aumentaron un 30 % en Galicia no primeiro trimestre do ano, mentres que nos restantes meses non se reduciron en relación co 2019. Isto, malia a diminución da actividade económica por mor do estado de alarma e da crise.

«É o momento de tomar medidas ante este grave problema», advirte o sindicalista. Neste sentido, pide cambios encamiñados a unha «perfecta avaliación» dos riscos laborais, a implantación de medidas preventivas e o «estrito control» do cumprimento da normativa.

Na súa opinión, trátase de aspectos «fundamentais» para «acabar dunha vez por todas» cos accidentes mortais laborais, ao tempo «que nos dotamos de ferramentas que poden axilizar a resposta ante problemas como os que estamos a sufrir nesta crise sanitaria».

Para conseguilo, os secretario de Saúde Laboral de CCOO insta á colaboración das Administracións públicas, autoridade laboral e axentes sociais. «Participar na análise das causas que provocan accidentes graves e mortais, e o control do cumprimento das normas en materia preventiva, é esencial para acabar cun dos problemas máis graves da clase traballadora», conclúe Fernández.