Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO-Servizos insta a acordar en diálogo social medidas para o emprego na hostalaría e no comercio

  • O sindicato considera que estas axudas deben estar equilibradas, é dicir, que existan axudas directas tanto para empresas como para os sectores e as persoas traballadoras.

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia, que engloba os sectores de hostalaría e comercio, especialmente afectados pola pandemia, propón que todas as Administracións poñan en marcha medidas para soster o emprego e o tecido produtivo, e reclámalle tamén ao Goberno de España melloras na coordinación.

24/11/2020.
CCOO-Servizos insta a acordar en diálogo social medidas para o emprego na hostalaría e no comercio

CCOO-Servizos insta a acordar en diálogo social medidas para o emprego na hostalaría e no comercio

CCOO-Servizos expón unhas liñas de proposta para debater desde a Administración pública, tanto nos marcos de diálogo social autonómico, como desde a Administración local, con fin de evitar que se siga destruíndo emprego e tecido produtivo.

Para o sindicato é unha «prioridade absoluta» evitar que se perda tecido empresarial, polo que se propón apostar por mecanismos de financiamento, axudas, moratorias e liquidez, que permitan o sostemento das empresas, maioritariamente de autónomos e pemes, pero en termos recíprocos: as empresas deben comprometerse a soster o emprego.

CCOO considera que estas axudas deben estar equilibradas, é dicir, que existan axudas directas tanto para empresas como para os sectores e as persoas traballadoras. As propostas de CCOO articúlanse nos distintos niveis de actuación: laboral, seguridade sanitaria, fiscal e institucional. Entre outras, cabe destacar as seguintes:

? Axudas para a contratación de persoas que quedaron no paro por mor da covid-19.

? Promover medidas de mediación para renegociar temporalmente o prezo do alugueiro cos propietarios dos inmobles.

? Subvencións para a modernización e dixitalización.

? Axudas a empresas de sectores relacionados co turismo e a súa actividade.

? Mecanismos para adiar o pagamento de débedas tributarias de pemes e autónomos, así como adiamento temporal, reducións ou eliminación temporal dos pagamentos dos impostos locais.

? Axilizar a liquidación de axudas económicas ás pemes e autónomos.

? Programas para fomentar o consumo na hostalaría e o comercio local.

Segundo CCOO-Servizos, estas estas axudas deben ir ligadas a unha serie de requisitos por parte das empresas:

? Que non foran sancionadas pola inspección de traballo (fraude ERTE).

? Que estean ao día no pagamento de nóminas, obrigas con Facenda e Seguridade Social.

? Que teñan plans e medidas de seguridade na empresa e favorezan a igualdade, a conciliación e non discriminación por razón de sexo, amais dun compromiso co medioambiente e a saúde pública.