Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO chama a participar nas concentracións en repulsa polo asasinato dunha muller en Gondomar

  • Concentracións o 4 de decembro ás 20 horas

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia apoia as concentracións convocadas en toda Galicia polo movemento feminista para o venres, 4 de decembro, en repulsa polo asasinato dunha muller en Gondomar. É a terceira vítima mortal da violencia machista no noso país este ano, máis de corenta xa en todo o Estado. CCOO chama a súa afiliación e a toda a cidadanía a participar nos actos de repulsa que terán lugar en diferentes localidades, ao redor das 20 horas case todas elas.

03/12/2020.
CCOO apoia as mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego

CCOO apoia as mobilizacións convocadas polo movemento feminista galego

A Secretaría de Igualdade de CCOO demándalle á Xunta de Galicia, igual que ao Goberno de España, que dedique maís recursos e garanta servizos de prevención e de atención integral ás vítimas de violencias machistas, atendendo ás necesidades que xorden derivadas das circunstancias da pandemia.

CCOO esixe «tolerancia cero» contra as violencias machistas e chama a participar nas concentracións convocadas para o serán do venres, case todas elas ás 20 horas, como se indicou.

CONCENTRACIÓNS (a listaxe irase actualizando)

? A Coruña: ás 20 horas, no Obelisco
? A Estrada: ás 20 horas, no Concello
? A Gudiña: ás 20 horas, no Concello
? Ames: ás 20 horas, na praza da Amaía (Bertamiráns)
? As Pontes: ás 20 horas, na praza do Hospital
? Baiona: ás 20 horas, no cruce da Ramallosa
? Barreiros: ás 20 horas, no Concello
? Cabanas: ás 19 horas, no Concello
? Carnota: ás 20 horas, na praza da Pedra
? Catoira: ás 20 horas, no adro
? Celanova: ás 20.30 horas, na praza Maior
? Chantada: ás 20.30 horas, na praza do Cantón (praza de España)
? Ferrol: ás 19 horas, na praza de Amada García
? Lalín: ás 20.30 horas, na rúa Monte Faro (diante do casino)
? Lugo: ás 20 horas, diante do Concello
? Miño: ás 20 horas, na praza do Parchís
? Muros: ás 20 horas, na praza do Concello
? Noia: ás 20 horas, diante do Concello
? Ourense: ás 20 horas, na Castañeira (Subdelegación do Goberno)
? Outes: ás 20 horas, diante do Concello
? Pontevedra: ás 20 horas, diante da Audiencia Provincial
? Redondela: ás 18.30 horas, diante do Concello
? Sada: ás 20 horas, na Praza da Peixaría
? Santiago de Compostela: praza 8 de Marzo
? Verín: ás 20 horas, Praza Maior
? Vigo: diante do museo MARCO
? Vilaboa: ás 20 horas, na Casa da Cultura Riomaior
? Vilagarcía de Arousa: ás 20 horas, na praza de Galicia