Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

CCOO insta a Xunta e o Ministerio de Industria a exerceren as súas competencias ante a situación de Siemens Gamesa

    A Federación de Industria de CCOO insta a Xunta de Galicia e o Ministerio de Industria a exerceren as súas competencias ante a situación de Siemens Gamesa. Os case trescentos traballadores e traballadoras da fábrica das Somozas, na comarca de Ferrol, seguen esperando pola convocatoria dunha reunión multilateral coa empresa, os sindicatos e os Gobernos galego e español para procurar unha solución á falta de carga de traballo.

    11/12/2020.
    Parque eólico

    Parque eólico

    A convocatoria desta reunión foi unha promesa da Xunta de Galicia hai un mes, o 10 de novembro. O tempo segue pasando e a carga de traballo «esgótase», advirte CCOO, mentres alerta de que o plan de Siemens Gamesa «é o peche sen alternativa».

    A Federación de Industria de CCOO lembra que a das Somozas foi durante máis de dúas décadas unha das fábricas «máis eficientes e rendibles» do grupo Gamesa en todo o mundo, e posteriormente de Siemens Gamesa.

    O peche prexudicaría non só as trescentas familias que dependen directamente da factoría, senón tamén á comarca de Ferrol, que sumaría un peche industrial máis, ao tempo que non emerxen alternativas.