Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

A comarca de Ferrol envía un «SOS» ante a situación de emerxencia industrial

  • Formouse unha cadea humana que uniu a cidade departamental coa vila veciña de Narón

A comarca de Ferrol botouse hoxe á rúa nunha xornada de folga convocada por Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG ante a situación de «extrema gravidade» da súa industria. Os sindicatos coidan que, se non se toman medidas «axiña», a situación será «irreversible».

17/12/2020.
Cadea humana entre Ferrol e Narón

Cadea humana entre Ferrol e Narón

Os peches das centrais térmicas de Meirama (Cerceda) e das Pontes, a ameaza de peche para Siemens-Gamesa (As Somozas) e a pouca carga de traballo en Navantia (Fene e Ferrol) obrigan a que os sindicatos e a sociedade se mobilicen.

O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, que formou parte desta mobilización, instou as Administracións a actuaren con determinación para evitar ao desmantelamento da industria no noso país.

A folga atinguiu todos os sectores de actividade entre as 10 e as 14 horas. Tamén se formou unha cadea humana entre Ferrol e Narón. Os sindicatos agradecen a participación da cidadanía nesta xornada de mobilización, tanto nos paros laborais como uníndose á cadea humana.