Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Asinado o calendario laboral para 2021 do Convenio de Pedra e Mármore da provincia da Coruña

    O calendario establece unha xornada máxima anual de 1752 horas efectivas de traballo.

    04/01/2021.
    Calendario 2021 do sector de pedra e mármore da provincia da Coruña

    Calendario 2021 do sector de pedra e mármore da provincia da Coruña

    No calendario asinado establécense 9 días como festivos de convenio para dar cumprimento á xornada máxima anual. E fíxanse para 2021 os días 4 e 5 de xaneiro, 11 de outubro, 7, 24 e 31 de decembro. Os tres restantes fixaranse empresa a empresa segundo a norma ou costume que se veña utilizando para os días de libre disposición.

    De coincidir algún festivo local dalgún concello cos días festivos de convenio establecidos neste calendario ou en sábado, substituirase polo día laboral inmediatamente anterior ou posterior.