Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

A ETT Nortempo esténdese «como unha praga» na automoción

    08/01/2021.
    Instalacións de Nortempo en Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

    Instalacións de Nortempo en Santiago de Compostela | Foto: Google Street View

    O sindicato comarcal de CCOO-Industria de Vigo denuncia que a empresa de traballo temporal (ETT) Nortempo se estende «como unha praga» no sector do automóbil, non só na bisbarra viguesa, senón tamén no resto do Estado.

    Este cambio estase a producir nos últimos meses en varias empresas que recorren ás ETT, caso de Denso e Plastic Omnium, pero ten tamén presenza noutras, como no grupo Alude e Magna.

    CCOO esixe a eliminación das axencias de emprego temporal no sector do automóbil e reivindica que o emprego sexa contratado directamente pola empresa principal. Na mesma liña, o sindicato continúa coas denuncias formuladas perante a Inspección de Traballo.