Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

CCOO pide medidas para os sectores máis prexudicados polas novas restricións

    O secretario xeral de CCOO, Ramón Sarmiento, pide medidas para os sectores máis prexudicados polas novas restricións que anunciou este luns a Xunta de Galicia.

    25/01/2021.

    URL | Código para insertar

    Segundo Sarmiento, os sectores que verán máis limitada a súa actividade nas tres próximas semanas precisan axudas cunha intensidade acorde ao nivel de restricións. O sindicato xa tiña prevista para mañá unha xuntanza coa Consellaría de Traballo, no ámbito do diálogo social, e alí insistirá nesta idea.

    CCOO tamén lle pide á Xunta «un plan de vacinación claro» para que as galegas e galegos saiban en que momento do ano poderían recibir a vacina, «porque será a vacina a que nos saque dun contexto tan complexo».

    Por último, Sarmiento pídelle ao Sergas que sexa «transparente» na información relativa ao cumprimento do plan de vacinación.