Política de cookies

Este sitio usa cookies propias y de terceros para facilitar la navegación y obtener información de estadísticas de uso de nuestros visitantes. Puedes aceptar todas las cookies pulsando el botón 'Aceptar' o configurarlas o rechazar su uso pulsando el botón 'Configurar cookies'

Para más información consulta nuestra Política de cookies

Configuración de cookies

Desde aquí puede activar o desactivar las cookies que utilizamos en este sitio web, a excepción de las de técnicas, que son imprescindibles. Si no selecciona ninguna opción, equivale a rechazar todas las demás cookies.

Cookies técnicas y de sesión, estrictamente necesarias

Sesión: PHPSESSID, SERVERID, Incap_ses_*_* y visid_incap_*

Permiten mantener la coherencia de la navegación y optimizar el rendimiento del sitio web, son imprescindibles

Técnica: config

Guarda la confiruación de cookies seleccionada por el usuario

Cookies de terceros

Google Analytics: _gat, _gid y _ga

Utilizamos estas cookies para obtener información de estadísticas de uso de nuestros visitantes. Están gestionadas por Google, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Facebook: _fbp

Cuando mostramos información incrustada de la red social Facebook, se genera automáticamente esta cookie. Está gestionada por Facebook, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Twitter: eu_cn, ct0, guest_id y personalization_id

Cuando mostramos información incrustada de la red social Twitter, se generan automáticamente estas cookies. Están gestionadas por Twitter, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Política de cookies

SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA informa de que este sitio web usa cookies para o seguinte:

  1. Asegurar que as páxinas web poidan funcionar correctamente.

  2. Recompilar información estatística anónima, como que páxinas visitou a persoa usuaria ou canto tempo permaneceu no sitio web.

  3. Mostrar contido de redes sociais, sempre relacionado con información da organización de CCOO.

Informamos de que contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de CCOO, que poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.

A continuación encontrará información detallada sobre que son as cookies, que tipo de cookies utiliza este sitio web, como pode desactivalas no seu navegador e como bloquear especificamente a instalación de cookies de terceiros.

  1. 1. Que son as cookies?

    As cookies son arquivos que os sitios web ou as aplicacións instalan no navegador ou no dispositivo (teléfono intelixente, tableta ou televisión conectada) da persoa usuaria durante o seu percorrido polas páxinas do sitio ou pola aplicación, e serven para almacenar información sobre a súa visita.

    O uso de cookies permite optimizar a navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos intereses da persoa usuaria, para proporcionarlle unha mellor experiencia sempre que visita o sitio web.

  2. Tipoloxía, finalidade e funcionamento

    As cookies, en función da súa permanencia, poden dividirse en cookies de sesión ou permanentes. As primeiras expiran cando a persoa usuaria pecha o navegador. As segundas expiran cando se cumpre o obxectivo para o que serven (por exemplo, para que a persoa usuaria se manteña identificada no sitio web) ou ben cando se borran manualmente.

    Adicionalmente, en función do seu obxectivo, as cookies utilizadas poden clasificarse da seguinte forma:

    • Estritamente necesarias (técnicas): son aquelas imprescindibles para o correcto funcionamento da páxina. Normalmente, xéranse cando a persoa usuaria accede ao sitio web ou inicia sesión nel e utilízanse para identificala no sitio web cos seguintes obxectivos:

      • Manter a persoa usuaria identificada de forma que, se abandona o sitio web, o navegador ou o dispositivo e noutro momento volve acceder a ese sitio web, seguirá identificado, facilitando así a súa navegación sen ter que volver a identificarse

      • Comprobar se a persoa usuaria está autorizada para acceder a certos servizos ou zonas do sitio web.

    • De rendimiento: utilízanse para mellorar a experiencia de navegación e optimizar o funcionamento do sitio web.

    • Analiticas: recompilan información sobre a experiencia de navegación da persoa usuaria no sitio web, normalmente de forma anónima, aínda que, en ocasións, tamén permiten identificar de maneira única e inequívoca a persoa usuaria co fin de obter informes sobre os seus intereses nos servizos que ofrece o sitio web.

    Para máis información, podes consultar a guía sobre o uso das cookies elaborada pola Axencia Española de Protección de Datos en https://www.aepd.es/sites/default/files/2020-07/guia-cookies.pdf

  3. 3. Cookies utilizadas neste sitio web

    A continuación, móstrase unha táboa coas cookies utilizadas neste sitio web, incorporando un criterio de “nivel de intrusividade” apoiado nunha escala do 1 ao 3, na que:

    Nivel 1: correspóndese con cookies estritamente necesarias para a prestación do propio servizo solicitado pola persoa usuaria.

    Nivel 2: correspóndese con cookies de rendemento (anónimas), necesarias para o mantemento de contidos e navegación, das que só é necesario informar sobre a súa existencia.

    Nivel 3: correspóndese con cookies xestionadas por terceiros que permiten o seguimento da persoa usuaria a través de webs das que o SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA non é titular. Pode corresponderse con cookies onde se identifica a persoa usuaria de xeito único e evidente.

    TABLA DE COOKIES UTILIZADAS
    CookieDuraciónTipoPropósitoIntrusividade
    PHPSESSID, SERVERID, Incap_ses_*_* y visid_incap_* Sesión Imprescindibles Manter a coherencia da navegación e optimizar o rendemento do sitio web 1
    config 1 ano Imprescindibles Gardar a configuración de cookies seleccionada pola persoa usuaria 2
    Google Analytics (_gat, _gid y _ga) 24 horas Analítica, de terceiros (Google) Permitir a medición e análise da navegación nas páxinas web 3
    Facebook (_fbp) 3 meses Terceiros (Facebook) Mostrar información incrustada da rede social Facebook 3
    Twitter (eu_cn, ct0, guest_id, personalization_id) Sesión Terceiros (Twitter) Mostrar información incrustada da rede social Twitter 3

    Desde as seguintes ligazóns podes consultar a política de cookies de terceiros: Política de cookies de Google, Política de cookies de Facebook, Política de cookies de Twiter

  4. Deshabilitar o uso de cookies

    A persoa usuaria, no momento de iniciar a navegación da web, configurou a preferencia de cookies.

    Se nun momento posterior desexa cambiala, pode facelo a través da configuración do navegador.

    Se a persoa usuaria así o desexa, é posible deixar de aceptar as cookies do navegador, ou deixar de aceptar as cookies dun servizo en particular.

    Todos os navegadores modernos permiten cambiar a configuración de cookies. Estes axustes encóntranse normalmente nas Opcións ou Preferencias do menú do navegador.

    A persoa usuaria poderá, en calquera momento, deshabilitar o uso de cookies neste sitio web utilizando o seu navegador. Hai que ter en conta que a configuración de cada navegador é diferente. Pode consultar o botón de axuda ou ben visitar as seguintes ligazóns de cada navegador onde lle indicará como facelo: Internet Explorer, FireFox, Chrome, Safari

    Tamén existen outras ferramentas de terceiros, dispoñibles en liña, que lle permiten á persoa usuaria xestionar as cookies.

  5. Que ocorre ao deshabilitar as cookies?

    Algunhas funcionalidades e servizos poden quedar deshabilitados, ter un funcionamento diferente ao esperado ou incluso que se degrade notablemente a experiencia de navegación da persoa usuaria.

  6. Actualización da política de cookies

    SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA pode modificar esta política de cookies en función de esixencias lexislativas, regulamentarias ou coa finalidade de adaptar a dita política ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos, por iso se aconsella á persoa usuaria que a visite periodicamente.

    Cando se produzan cambios significativos nesta política de cookies, comunicarase a través da web.

CCOO acolle con cautela os datos do paro de xaneiro e amosa «preocupación» polo impacto da situación sanitaria

  • Malia o descenso do paro rexistrado en 3603 persoas, a afiliación media mensual diminuíu en 9823, ao tempo que a precariedade continúa a ser a maior eiva do mercado laboral

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia acolle con cautela os datos do paro rexistrado do mes de xaneiro, que indican 3603 paradas e parados menos na comunidade autónoma, unha redución do 1,9 % que se sitúa na media estatal (1,96 %). Con todo, o volume de persoas desempregadas, en total 185 984, acada nun nivel moi superior ao de hai un ano (10,87 % máis). A prudencia do sindicato á hora de analizar os datos débese a que a caída do paro rexistrado non vai acompañada doutros indicadores positivos.

02/02/2021.
Maica Bouza, secretaria de Emprego e Previsión Social de CCOO

Maica Bouza, secretaria de Emprego e Previsión Social de CCOO

Por exemplo, a afiliación en media mensual cae en 9823 persoas (-0,98 %), malia que nas comparativas do último día do mes sobe en 3719. Así as cousas, faltan 7000 empregos para acadar o millón de persoas afiliadas «e estamos moi por baixo do nivel existente antes da crise de 2008», apunta a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza.

O dato máis preocupante é que a meirande parte da contratación segue a ser precaria: dos 60 479 contratos rexistrados en xaneiro, 54 249 «teñen data de caducidade», sinala Bouza. Ademais, o conxunto da contratación realizada (60 479) só serviu, «no mellor dos casos», para crear 3719 postos de traballo, «o que dá idea da intensa rotación no mercado laboral galego», apunta a sindicalista, que a cualifica como «a súa maior eiva».

A secretaria de Emprego de CCOO tamén amosa a súa preocupación polo impacto que a actual situación sanitaria pode ter sobre o mercado laboral galego a curto prazo, especialmente se for necesario adoptar medidas aínda máis restritivas.

Por esta razón, e dado que os ERTE demostraron ser unha boa ferramenta para conservar o emprego, desde CCOO pídese o mantemento das medidas destinadas a garantir o emprego nas actividades que se vexan paralizadas. Tamén, a posta en marcha doutras que se orienten á conciliación da vida laboral, familiar e persoal —polo peche de centros de atención sociosanitaria ou das corentenas forzosas— e para apoiar as persoas que carecen de ingresos.

Análise por sexos e sectores

O desemprego diminúe máis entre as mulleres (-1925 paradas menos) que entre os homes (-1670 desempregados menos), pero iso non evita que elas soporten o 56,6 % do desemprego galego. O paro redúcese menos entre as persoas de menor idade (cae en 663 persoas) que entre as maiores (2940 paradas menos). Por sectores, o desemprego redúcese en todos eles: industria (-579), servizos (-564), primario (-492) e construción (-359). Tamén diminúe no colectivo sen emprego anterior (-1609).

Análise da contratación

En xaneiro rexistráronse en Galicia 60 479 contratos, dos cales 54 249 foron temporais; isto é, só nove de cada cen contratos foron indefinidos. Ademais, en termos mensuais a contratación medra un 5,23 %, mentres que en termos anuais a caída é dun 29,56 %.

Afiliación á Seguridade Social

Canto á Seguridade Social, a afiliación en media mensual cae en 9823 persoas, mentres que en media anual se perden 14 168 postos de traballo, o que fixa o número de persoas traballadoras afiliadas en 992 238. Se a comparativa a facemos cos datos do último día de mes, a afiliación medra en 3719 persoas, ata alcanzar 993 665 afiliados e afiliadas.

Prestacións por desemprego

En decembro cobraron algún tipo de prestación por desemprego 119 464 persoas; destas, 62 317 eran prestacións contributivas e 57 147, subsidios. Unha parte das prestacións contributivas seguen correspondendo ao mecanismo dos ERTE, garantía de mantemento de emprego acordado entre os axentes sociais e o Goberno central. Ao remate de xaneiro, os ERTE daban cobertura 31 308 persoas. Por tipoloxía, 2797 de causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción (ETOP), 7587 de forza maior e 20 294 de limitación ou impedimento.