Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Adiada ata o 10 de marzo a folga comarcal en Ferrol

    Debido ao empeoramento da situación sanitaria en Galicia, os sindicatos CCOO, UGT e CIG decidiron adiar ata o 10 de marzo a folga comarcal convocada en Ferrol. A nova data coincide co Día da Clase Obreira Galega, unha data emblemática para as traballadoras e traballadores do país.

    02/02/2021.
    Protesta do persoal de Siemens Gamesa fronte á delegación da Xunta de Galicia en Ferrol (14/1/2021)

    Protesta do persoal de Siemens Gamesa fronte á delegación da Xunta de Galicia en Ferrol (14/1/2021)

    Razóns para unha folga comarcal «hai de sobra», insisten os sindicatos, que enumeran os peches da central térmica de Endesa (As Pontes), a fin da fabricación de compoñentes eólicos por parte de Gamesa (As Somozas), a falta de carga de traballo para o sector naval e o peche constante de negocios na zona.

    Os sindicatos esixen solucións para estas comarcas, baseadas en carga de traballo para o naval, unha transición ecolóxica «xusta» e sen perda de emprego, proxectos de enerxías renovables —acompañados de proxectos industriais e infraestruturas— e un plan integral da ría de Ferrol que faga revivir o sector marisqueiro, entre outras actuacións.