Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO denuncia na Fiscalía a «inacción» do Concello de Padrón na licitación do servizo de axuda no fogar

    A Federación de Construción e Servizos de CCOO de Galicia denuncia na Fiscalía a «inacción» do Concello de Padrón para proceder á licitación do servizo de axuda no fogar (SAF). O secretario xeral da Federación, Sergio López, ratificou a demanda no xulgado padronés.

    09/03/2021.
    A Federación de Construción e Servizos de CCOO ratificou a demanda nos Xulgados de Padrón

    A Federación de Construción e Servizos de CCOO ratificou a demanda nos Xulgados de Padrón

    Segundo o sindicato, o Goberno local está a «incumprir de xeito reiterado» as súas obrigas e reprocha que, a día de hoxe, non conste a existencia da publicación do prego de cláusulas, «polo que se descoñece o actual contrato que vincula a empresa subcontratada co Concello».

    Por parte do comité de empresa e do sindicato foron varios os intentos de contactar coa Administración local para solucionar esta «irregularidade». Porén, o Concello negouse tanto a dar información como a reunirse para clarificar a situación.

    Segundo CCOO, a falta de información sobre cuestións como a data de finalización do servizo ou os prezos pactados causan «un grave prexuízo» ás traballadoras do SAF, pois nunca se actualizaron as contías dos prezos, o que repercute nas «baixas condicións económicas» que padecen.