Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Abril 2024.

Ramón Sarmiento: «Os sindicatos seremos capaces de ofrecer aos nosos fillos e fillas outro mantra que non sexa o de asumir que vivirán nunha sociedade máis desigual»

    Na inauguración do 13.º Congreso de UGT-Galicia, o secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Ramón Sarmiento, salientou a capacidade dos sindicatos para «estar á altura en calquera circunstancia» e «dar resposta» ás persoas que representamos. «As organizacións sindicais seremos capaces de ofrecer aos nosos fillos e fillas outro mantra que non sexa o de asumir que vivirán nunha sociedade peor, máis desigual e con menos oportunidades», incidiu.

    17/03/2021.
    Intervención de Ramón Sarmiento no 13.º Congreso de UGT-Galicia | Foto: S. R.

    Intervención de Ramón Sarmiento no 13.º Congreso de UGT-Galicia | Foto: S. R.

    «Temos por diante o desafío dunha profunda transformación social», abundou Sarmiento, porque xa antes desta crise había transicións en curso. «Esta dura crise social, económica e sanitaria, con toda seguridade, vainos acelerar», vaticinou.

    Neste sentido, aplaudiu a «capacidade de resiliencia, de sobrepoñernos» ás dificultades, e salientou que a alternativa para as novas xeracións chegará da man «das organizacións sindicais, coa nosa acción e mobilización».