Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

A Xunta publica por fin as axudas para o sector do espectáculo

  • CCOO reclama negociar xa unha nova liña de apoio «máis ambiciosa»

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que establece as bases reguladorasdas axudas destinadas a persoas traballadoras do sector do espectáculo. As ditas axudas foran acordadas hai varios meses con Comisións Obreiras e a asociación profesional Amproega, pero a súa publicación fórase dilatando no tempo.

14/04/2021.
O DOG n.º 69 publica a orde que regula estas axudas

O DOG n.º 69 publica a orde que regula estas axudas

Onte mesmo, nunha conferencia de prensa conxunta, CCOO e Amproega esixían a publicación «inmediata» destas axudas, así como poñerse a negociar outra liña nova «máis ambiciosa».

Canto ás axudas publicadas hoxe no DOG, pódenas solicitar as persoas traballadoras do sector do espectáculo que sufrisen unha redución dos seus ingresos pola paralización da súa actividade a causa das medidas adoptadas ocasionadas pola covid-19. 

Requisitos

— Que estiveran contratadas por conta allea en empresas cuxa actividade económica se encadre nos códigos 5920, 7021, 7721, 7739, 8552, 9001, 9002, 9003 e 9004, da clasificación Nacional de Actividades Económicas en centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia cumprindo a seguinte condición:

  • Acreditar durante o ano 2019 un mínimo de 50 días nas empresas cos códigos CNAE sinalados e que este tempo, ademais , constitúa como mínimo 75% das xornadas totais traballadas nese ano.
  • No suposto de contratos a tempo parcial estes computaranse proporcionalmente a súa xornada de traballo.

— Acreditar que durante o período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020, non estivera contratado por conta allea máis de 7 días.

Contía das axudas

A contía da subvención consistirá nunha axuda de 500 euros mensuais, durante os meses nos que non se tivera recoñecida ningunha prestación pública dentro do período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 13 de outubro de 2020. 

Os períodos inferiores ao mes serán rateados proporcionalmente.

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (14 de abril de 2021).

Máis información no documento anexo a esta nota informativa e no DOG n.º 69 (14 de abril de 2021).