Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

A comarca de Ferrol bótase á rúa para esixir solucións ao declive demográfico, económico e industrial

    CCOO, UGT e CIG convocaron para este mércores, 14 de abril, unha nova xornada reivindicativa para esixir solucións que eviten o declive demográfico, económico e industrial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

    14/04/2021.
    Concentración en Ferrol para reivindicar solucións ao declive demográfico, industrial e económico (14-4-2021)

    Concentración en Ferrol para reivindicar solucións ao declive demográfico, industrial e económico (14-4-2021)

    A xornada de mobilizaicón comezou ás 10:30, cunha manifestación dos traballadores e traballadoras de Navantia para esixir «carga de traballo xa» nos estaleiros públicos. Ao mediodía houbo concentracións diante dos concellos das bisbarras afectadas, con especial afluencia no caso de Ferrol.

    Á tarde, de novo Ferrol, unha marcha partiu simultaneamente do mercado de Caranza e da praza da Gándara, ás 18:00, para confluír na praza de Armas. Léronse pancartas e berráronse consignas con lemas como «queremos traballar, non emigrar», «salvar a ría, crear emprego» ou «Ferrolterra solucións».

    Xuntanza para lograr solucións

    Desde as organizacións sindicais indican que «a deriva das nosas comarcas non é unha opción», polo que esixen unha xuntanza coa ministra de Defensa, co conselleiro de Economía e Industria e co delegado do Goberno en Galicia. Deste encontro «deben saír compromisos e solucións», apuntan.

    Ligazóns relacionadas
    Ligazóns relacionadas