Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

O naval ferrolán advirte que «remata o tempo»

    13/05/2021.
    Protesta diante da delegación da Xunta en Ferrol (13/5/2021)

    Protesta diante da delegación da Xunta en Ferrol (13/5/2021)

    O sector naval da ría de Ferrol advirte que «remata o tempo». Así o expresou hoxe o presidente do comité de empresa de Navantia, Emilio García Juanatey (CCOO), tras unha nova xornada de protesta pola falta de carga de traballo nos estaleiros públicos.

    Juanatey, que participou xunto a persoal das industrias auxiliares nunha concentración fronte á delegación da Xunta, rexistrou un escrito en nome do comité de empresa e dirixido ao vicepresidente segundo, Francisco Conde, a quen se lle solicita unha entrevista.

    Na misiva, a representación legal das traballadoras e traballadores do estaleiro piden que se acometa na comunidade autónoma a reforma do buque Galicia, xa que poporcionaría carga de traballo durante o próximo ano, ata que comece a construción das fragatas F-110.

    Tamén pide «explorar todas as posibilidades» para vender o buque Patiño á Armada de Portugal e así «comezar canto antes a construción dun buque substituto».