Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Navantia queda sen carga de traballo tras zarpar o último buque construído

    Os estaleiros da rúa de Ferrol quedaron hoxe sen carga de traballo tras zarpar para australia o buque de apoio loxístico Stalwart.

    20/05/2021.
    Concentración en Navantia durante a cerimonia de partida do buque Stalwart

    Concentración en Navantia durante a cerimonia de partida do buque Stalwart

    «Hoxe non é un día de celebración», sinalou o presidente do comité de empresa de Navantia, Emilio García Juanetey (CCOO), porque coa partida deste barco «quedamos sen nada que facer e as opcións que temos non se concretan». Así o expresou o sindicalista no marco dunha protesta simbólica que tivo lugar durante a cerimonia de despedida desta construción naval.

    O voceiro de CCOO explicou, a preguntas dos medios de comunicación, que mantivo un breve encontro co presidente da compañía naval pública, ao que lle transmitiu a necesidade de dotar de carga de traballo os estaleiros da ría de Ferrol, «pero a súa resposta foi que non hai nada e non ve que no futuro próximo teñamos actividade», lamentou.

    Mobilización

    Na véspera da partida do Stalwart para Australia, unha manifestación de 16 km percorreu os concellos de Ferrol, Fene, Neda e Narón para reclamar carga de traballo. Piden, cando menos, un buque que garanta actividade nos estaleiros o próximo ano e medio, ata que comece a construción das fragatas F-110.