Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

Protestas nos campus para defender a universidade pública

    A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública, da que forma parte CCOO-Ensino, convocou este mércores concentracións en todos os campus para defender o sistema universitario público.

    02/06/2021.
    Concentración diante do reitorado da USC contra a privatización da universidade (2/6/2021)

    Concentración diante do reitorado da USC contra a privatización da universidade (2/6/2021)

    As organizacións sindicais, profesionais e estudantís que conforman a Plataforma reafirman a súa crítica ao proceso iniciado polo goberno de Feijóo, contra a opinión das tres universidade públicas —que conxuntamente se pronunciaron na defensa do carácter público dos estudos superiores.

    CCOO-Ensino defende que non é necesaria unha universidade privada, pois a ampla oferta académica do sistema universitario galego —cunha notable especialización nos diferentes campus— responde perfectamente á demanda existente e, onde non chega, «é simplemente polas limitacións fixadas pola propia Xunta de Galicia».

    Manifestación nacional

    O vindeiro sábado, 12 de xuño, unha manifestación de ámbito nacional percorrerá varias rúas de Santiago de Compostela para rexeitar o proxecto de universidade privada que promove Abanca co apoio da Xunta de Galicia. A marcha partirá ás 12:00 da alameda compostelá.