Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

Nova protesta do persoal do Concello de Padrón para esixir a recuperación de dereitos

    As traballadoras e traballadores do Concello de Padrón volvéronse concentrar este venres diante da casa consistorial. Apoiados polos sindicatos CCOO, UGT e CIG, membros do comité de empresa despregaron unha pancarta diante do edificio municipal na que se podía ler «recuperación de dereitos» e «salarios dignos xa».

    11/06/2021.
    Concentración diante do Concello de Padrón para esixir salarios e condicións laborais dignas (11/6/2021)

    Concentración diante do Concello de Padrón para esixir salarios e condicións laborais dignas (11/6/2021)

    Entre os dereitos perdidos están días de libranza ou a xornada reducida durante o verán. Foron medidas, sinalan, que o Concello adoptou sen negociar coa representación legal dos traballadores e das traballadoras. O persoal esixe recuperar estes dereitos mediante a negociación dun convenio novo.

    Por último, a representación legal do persoal tamén denuncia que o Goberno local aprobou sen negociación a relación de postos de traballo (RPT), como é preceptivo.