Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

A Audiencia Nacional condena a Alcoa a cumprir os acordos asinados no 2019 co persoal das plantas de Alu Ibérica

  • Concentración o xoves, 17 de xuño, diante da Delegación do Goberno na Coruña

A Audiencia Nacional, nunha sentenza emitida o martes, 15 de xuño, condena a multinacional Alcoa a cumprir o acordo asinado no ano 2019 co persoal da planta galega da Coruña e da asturiana de Avilés, que naquela altura eran da súa propiedade e actualmente pertencen a Alu Ibérica, do Grupo Riesgo.

16/06/2021.
Concentración dos comités de Alu Ibérica da Coruña e Avilés diante do Ministerio de Industria (15-4-2021)

A sentenza especifica que o devandito acordo está «plenamente vixente» e que «desprega todos os seus efectos xurídicos», polo que é esixible o seu cumprimento. Tamén deixa claro que Alcoa é a máxima e única responsable do incumprimento deses acordos, polo que deberá indemnizar as traballadoras e traballadores, ou ben garantir a súa recolocación, ante eventuais despedimentos.

A resolución xudicial tamén se pronuncia sobre a falta de actividade industrial nas plantas, algo denunciado por CCOO desde hai meses. «Parece obvio que a falta de ocupación efectiva deriva directamente e cando menos do incumprimento deliberado deses compromisos de investimento e de formación dos traballadores», afirma a Audiencia nas súas conclusións.

Segundo CCOO-Industria, «confírmase explicitamente o incumprimento de todo o relativo a un proceso de reindustrialización e venda a un comprador serio, solvente e rigoroso que se fixese cargo das plantas». A sentenza dálle a razón ao sindicato, que leva máis de dous anos defendendo os intereses do persoal das dúas plantas e denunciando a gravidade da situación.

O sindicato salienta que se trata dun «pau xudicial» para Alcoa, no que se desmontan todos os «artificios» utilizados pola compañía desde o asinamento dos compromisos para evitar que estes se concretasen. «A única vontade da multinacional era dar cabo da actividade de ambas as dúas plantas do xeito máis rendible posible para os seus propios intereses», incide CCOO-Industria.

O presidente do comité de empresa de Alu Ibérica na Coruña, Juan Carlos López Corbacho (CCOO), sinala tamén que «a sentenza deixa claro que o único que asinamos foi con Alcoa, nunca con Parter ou Riesgo, socios colaboradores da estafa». Coas plantas intervidas xudicialmente, e agora con esta sentenza sobre a mesa, o sindicalista pregúntase «que máis precisa» o Goberno central para actuar, como esixen os sindicatos.

Con todo, o sindicalista tamén insta a Xunta de Galicia a «asumir as súas competencias» en materia industrial. «O Goberno galego non se pode limitar a ollar cara Madrid á procura dunha solución», reproba o presidente do coimté de empresa.

A sentenza da Audiencia Nacional conta con máis de 82 páxinas. Os servizos xurídicos de CCOO estudarana polo miúdo para determinar os seguintes pasos que se han dar.

Concentración na Coruña

Mañá xoves, 17 de xuño, o comité de empresa de Alu Ibérica chama a concentrarse na Coruña para esixir solucións. Será ás 12:30, diante da Delegación do Goberno.

Novas relacionadas

O grupo Parter terá ata o 31 de xullo para formalizar a compra das factorías de Alcoa

CCOO mobilizarase contra a imputación de varios traballadores que participaron na manifestación de Alcoa diante do Congreso

CCOO arroupa en Ferrol os traballadores denunciados despois da protesta de Alcoa en Madrid

CCOO arroupa o traballador de Alu Ibérica imputado polas protestas do ano pasado en Madrid

CCOO e o comité de empresa cualifican de «gravidade extraordinaria» a situación de Alu Ibérica na Coruña

O comité de Alu Ibérica esíxelle ao Goberno central que nomee un xestor para asegurar a viabilidade

CCOO-Industria rexeita o peche de Alcoa-San Cibrao e advirte o Grupo Riesgo de que non consentirá ameazas ao comité de Alu Ibérica

O comité de Alu Ibérica consegue que o Ministerio convoque reunións para abordar o futuro da factoría coruñesa

Nova protesta do persoal de Alu Ibérica para denunciar os incumprimentos do Grupo Riesgo

CCOO esixe a intervención de Alu Ibérica como mellor xeito de garantir o futuro da factoría coruñesa

O persoal de Alu Ibérica continúa a denunciar os incumprimentos de Riesgo

O comité de Alu Ibérica denunciará na Fiscalía o proceso de venda da factoría

O comité de Alu Ibérica achégalle á Fiscalía unha demanda contra os responsables da empresa

O persoal de Alu Ibérica leva as súas reivindicacións á sede central da Xunta de Galicia

O comité denuncia que Alu Ibérica non lle pagou a nómina a parte do persoal

O persoal de Alu Ibérica non se rende e esixe a intervención

O comité de Alu Ibérica esíxelle a Alcoa a reversión da venda debido aos incumprimentos

Malia estar fixada a data do xuízo, o persoal de Alu Ibérica volve pedir a intervención da fábrica

O persoal de Alu Ibérica pide a intervención pública da empresa ata que haxa sentenza

O persoal de Alu Ibérica pide a intervención pública da empresa ata que haxa sentenza e denuncia os impagamentos

Os traballadores e traballadoras de Alu Ibérica esixen «xustiza»

Alu Ibérica: 32 xornadas de folga

O comité de Alu Ibérica suspenderá a folga mentres duren as restricións sanitarias

CCOO-Industria rexeita un novo adiamento do xuízo contra as empresas culpables da venda de Alcoa-A Coruña

O comité de Alu Ibérica reúnese coa subdelegada do Goberno na Coruña

Ramón Sarmiento, sobre Alu Ibérica: «Pretenden pisarlle a cabeza á mobilización obreira»

A Xustiza condena a Alu Ibérica por vulnerar o dereito de folga e a liberdade sindical

Ramón Sarmiento: «O que temos á fronte de Alu Ibérica é unha compañía que veu desmantelar as fábricas»

A produción en Alu Ibérica está parada de novo por falta de aluminio

Na defensa do emprego, por un futuro industrial e contra a represión sindical en Alu Ibérica

CCOO, UGT e CIG chaman a mobilizarse contra a «violencia empresarial» de Alu Ibérica

O comité de Alu Ibérica denuncia unha nova parada da produción

O comité de Alu Ibérica reunirase cos tres grupos do Parlamento de Galicia

O persoal de Alu Ibérica leva as súas protestas a Madrid

O comité de Alu Ibérica aplaude a intervención da fábrica

CCOO defende no xuízo que Alcoa, Parter e Riesgo «estafaron» o persoal de Alu Ibérica

O cadro de persoal de Alu Ibérica esixe a intervención do Goberno central

Os sindicatos esixen que se cumpra a sentenza da Audiencia Nacional contra Alcoa

O persoal de Alu Ibérica insiste en que a Xunta e o Goberno deben intervir ante a «crítica» situación da fábrica

O administrador xudicial estuda un ERTE para o persoal de Alu Ibérica

Juan Carlos López Corbacho (CCOO), presidente do comité de Alu Ibérica: «Sen a planta activa, morremos»

O administrador xudicial solicitará o preconcurso para Alu Ibérica

Manifestación unitaria na Coruña contra a represión sindical en Alu Ibérica