Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Centos de persoas cortan a ponte das Pías e esixen solucións para Ferrolterra

    Centos de persoas cortaron o domingo ao mediodía a ponte das Pías para esixir solucións para as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, nunha convocatoria conxunta dos sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG.

    28/06/2021.
    Mobilización en Ferrol para esixir solucións para a comarca (27/6/2021)

    Mobilización en Ferrol para esixir solucións para a comarca (27/6/2021)

    O secretario comarcal de CCOO de Ferrol, José Hurtado, alertou do "declive" da bisbarra após os peches de Siemens (As Somozas), a térmica de Endesa (As Pontes) ou a "agonía" que padece o sector naval pola falta de encargos en Navantia.

    Hurtado instou as Administracións a que "deixen de facer a guerra unhas contra outras" porque o importante "son solucións para esta comarca, á que se lle acaba o tempo", sentenciou.