Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

O Comité de Crise das Pontes únese á acampada das auxiliares de Endesa

  • A acampada chega hoxe ao décimo día ante a pasividade dos Gobernos e a indiferenza de Endesa

O Comité de Crise das Pontes aprobou a súa adhesión á acampada do persoal das auxiliares de Endesa. Deste xeito, sumaranse desde hoxe mesmo representantes da corporación local, empresarios, transportistas autónomos, comerciantes, delegados sindicais doutras empresas e membros de distintas entidades do tecido social.

15/07/2021.
Acampada do persoal das auxiliares de Endesa no parque municipal das Pontes

Acampada do persoal das auxiliares de Endesa no parque municipal das Pontes

A acampada, que se instalou o 5 de xullo no parque municipal, chega hoxe ao décimo día ante a pasividade dos Gobernos e a indiferenza de Endesa. 

Tanto os sindicatos da coordinadora de auxiliares (CCOO-Industria, UGT e CIG) como o Comité de Crise coinciden na diagnose e levan semanas denunciando publicamente a pasividade irresponsable da Xunta e da Moncloa no conflito ocasionado polo peche da central térmica, «que deixa sen alternativa de emprego directo e sen visos de futuro a máis de duascentas persoas, entre autónomos e subcontratas».

Centos de pontesas e ponteses ven perigar o seu motor económico «sen que se concreten as alternativas comprometidas», lamentan os sindicatos, que levan agardando mes e medio —desde o 7 de xuño— a resposta a unha petición de «reunión urxente».