Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Acordo previo para o asinamento do primeiro convenio colectivo de TUSSA, a empresa de mobilidade santiaguesa

    Desde o comité de TUSSA, a empresa municipal de mobilidade de Santiago de Compostela, informan de que se chegou a un acordo previo para o asinamento do primeiro convenio colectivo que unifique as dispares condicións laborais. A representación legal do persoal coida que o texto é «satisfactorio», pero será sometido esta noita á asemblea de traballadores e traballadoras. No caso de ser ratificado, suporá a desconvocatoria da folga prevista para esta fin de semana.

    21/07/2021.
    Concentración do persoal de TUSSA diante da estación intermodal de Santiago de Compostela

    Concentración do persoal de TUSSA diante da estación intermodal de Santiago de Compostela

    A este acordo previo chégase tras varias reunións nos últimos días cos responsables de TUSSA e tamén co Concello de Santiago. No documento recóllense as ferramentas para igualar as condicións laborais de todo o persoal, reguladas ata agora por tres convenios distintos.

    Chegouse a acordo sobre cuestións como a antigüidade, o complemento de xornada partida, o complemento de domingos e festivos, máis a suba anual do 2020 —que estaba pendente—. Súmase, tamén, ao resto de pactos a que se chegara ata o bloqueo das negociacións en febreiro do 2020, cando boa parte do articulado estaba xa consensuado.