Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

O persoal de TUSSA ratifica o acordo sobre o convenio e desconvoca a folga

    Na noite do mércores, 21 de xullo, as traballadoras e traballadores de TUSSA ratificaron en asemblea o acordo sobre o convenio colectivo, polo que deixan sen efecto a folga prevista para a fin de semana. Remata así un conflito que no último mes mantivo mobilizado o persoal.

    22/07/2021.
    Concentración diante da estación intermodal de Santiago de Compostela para esixir un convenio único en TUSSA

    Concentración diante da estación intermodal de Santiago de Compostela para esixir un convenio único en TUSSA

    Queda pendente a redacción final de parte do articulado, pero a parte económica e de dereitos sociais está xa asumida no acordo, permitindo que TUSSA conte por vez primeira cun só convenio —ata o momento coexisten tres diferentes— para regular as dispares condicións laborais de todo o persoal .

    O novo convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022 e terá vixencia desde esa data ata o 31 de decembro de 2024. Inclúe unha cláusula que permite, a partir de aí, que se actualicen os salarios automaticamente —sempre que non haxa denuncia previa— nas mesmas contías que se fixen para a función pública.

    Tamén se desbloquea a suba pendente do 2020, que será do 1,9 % e se aboará e o 1 de xaneiro de 2022, cos seus respectivos atrasos.

    Coexistían tres convenios

    Ata o momento coexistían no seo de TUSSA tres convenios distintos: o da antiga concesionaria Setex Aparki, o convenio galego de aparcadoiros e o convenio provincial de oficinas e despachos da Coruña. Rómpese así cunha situación que provocaba importantes diferenzas salariais e de condicións sociais.