Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Manifestación do persoal de FCC en defensa da reciclaxe de residuos na planta de Lousame

  • O cambio de modelo da planta poría en perigo a maior parte dos postos de traballo

Este domingo tivo lugar en Porto do Son a manifestación convocada por Comisións Obreiras, UGT e CIG en defensa do modelo actual da planta de xestión de residuos da Mancomunidade da Serra do Barbanza, situada en Lousame.

30/08/2021.
Manifestación do persoal de FCC en defensa da reciclaxe de residuos (29/8/2021)

Manifestación do persoal de FCC en defensa da reciclaxe de residuos (29/8/2021)

CCOO, que forma parte do comité de empresa de FCC —actual concesionaria—, apoia as reivindicacións dos case 160 traballadores e traballadoras da planta e esixe que a Xunta de Galicia garanta o modelo de reciclaxe que se fai en Lousame.

Esta planta, que presta servizo á veciñanza de nove municipios, ten unha das mellores taxas de reciclaxe de todo o Estado, polo que o sindicato non entendería que se optase por deixala de lado, converténdoa nunha simple planta de transferencia para posteriormente queimar o lixo en Sogama (Cerceda).

Isto, ademais de supoñer un cambio de modelo, poría en perigo a maior parte dos postos de trallo de Lousame, xa que só se faría unha selección básica dos residuos, enviando o resto a Sogama.

Por último, CCOO lembra que o modelo de Sogama non é a reciclaxe, senón a incineración, algo «inasumible» se o que se pretende é combater a crise climática e cumprir cos obxectivos ambientais marcados pola Unión Europea.