Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

CCOO inicia no Porriño unha rolda de reunións cos Concellos en defensa de máis investimentos para o ferrocarril

  • O sindicato propón a creación dunha plataforma municipal en defensa da liña ferroviaria do Miño

O sector Ferroviario de CCOO esta semana no Porriño unha rolda de reunións cos Concellos en defensa de máis investimentos para o ferrocarril. No caso da provincia de Pontevedra, o sindicato propón a creación dunha plataforma municipal a prol da liña ferroviaria do Miño, unha infraestrutura «estratéxica» para Galicia que acumula anos de «deterioración e abandono».

01/09/2021.
Antonio Conde, secretario xeral do sector Ferroviario de CCOO na provincia de Pontevedra, coa alcaldesa do Porriño, Eva García

Antonio Conde, secretario xeral do sector Ferroviario de CCOO na provincia de Pontevedra, coa alcaldesa do Porriño, Eva García

No encontro, que tivo lugar o martes, o Concello do Porriño estivo representado pola alcaldesa, Eva García de la Torre. Por parte de CCOO acudiron Antonio Conde, coordinador provincial do sector Ferroviario, acompañado de Juan Gómez e Guillermo García.

Nun contexto en que están previstos investimentos para mellorar o ferrocarril en Galicia —recollidos no Plan director, entre outros—, CCOO defendeu ante a alcaldesa porriñesa un modelo de «ferrocarril de consenso» que sexa «útil» para a vertebración territorial da comunidade autónoma, para as necesidades de mobilidade das persoas e tamén para as empresas.

Dispor de infraestruturas modernas e de orzamentos para facelo posible «é a estación de partida, pero non abonda», puntualiza Conde, que coida «esencial» o diálogo e compromiso entre Administracións e axentes sociais.

O secretario xeral do sector Ferroviario de CCOO en Pontevedra tamén denunciou nesta reunión que, co pretexto da pandemia, estanse a suprimir servizos ferroviarios, «obviando as necesidades de mobilidade terriorial», lamentou. «Estas medidas non se poden tomar de costas aos Concellos», insiste o sindicalista.

A intermodalidade, «clave»

Para CCOO, a intermodalidade no transporte é unha cuestión «clave» que debe ser atendida; necesaria para a mobilidade de Galicia e tamén para achegarse a Portugal ou a outras comunidades autónomas e contribuír a asentar poboación. Tamén cómpre a interoperatividade, «necesaria para un modelo ferroviario útil e funcional», apunta Conde.

Trens de proximidade

Segundo o sector Ferroviario de CCOO, Galicia necesita dunha rede de proximidade que una núcleos poboacionais «estratéxicos» e que o prezo dos billetes de tren garde relación co nivel de vida da poboación galega. «O deseño de políticas tarifarias que integran distintos medios de transporte público conduce a unha comunidade socialmente comprometida», enfatizan desde o sindicato.

Así mesmo, as frecuencias dos trens de proximidade, ademais da coordinación da interoperatividade, deben adecuarse ás conexións cos servizos aéreos, marítimos e o transporte por estrada. «É o momento de vertebrar os servizos ferroviarios en toda Galicia», con especial atención á liña do Miño no que se refire á provincia de Pontevedra.