Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Reunión da Secretaría Xeral do S. N. de CCOO coas secretarías da Federación de Servizos á Cidadanía e da Unión Comarcal de Pontevedra

    Na tarde do mércores, 8 de setembro, reuníronse en Pontevedra as distintas estruturas de CCOO e persoal de Ence e das empresas auxiliares.

    09/09/2021.
    Un momento da reunión en Pontevedra

    Un momento da reunión en Pontevedra

    A reunión tivo lugar nas dependencias da Unión Comarcal de Pontevedra e participaron a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Amelia Pérez, o secretario xeral da FSC-CCOO, José Manuel Ramos, e o seu homólogo da Unión Comarcal, José Ramón Piñeiro, xunto ao secretario de Organización pontevedrés, Xosé Luís García Pedrosa. Tamén asistirón traballadores de Ence e empresas auxiliares.

    No transcurso da reunión, Amelia Pérez coincidiu no apoio da organización á defensa dos postos de traballo. Neste punto, advertiu que non se pode tomar ningunha decisión sobre o futuro da fábrica pontevedresa «sen contar cos traballadores e as traballadoras». Puxo en valor o traballo realizado para conservar os postos de traballo de Ence e das empresas auxiliares, e moi en especial á afiliación de CCOO, que vén liderando desde hai tempo o conflito aberto.