Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

Os sindicatos denuncian a fraude da transición enerxética e protestan contra o desleixo da Xunta e Endesa

    Toda a industria auxiliar de Endesa nas Pontes sumouse o xoves a unha protesta unitaria de CCOO, UGT e CIG ás portas da central térmica para denunciar a «inmensa fraude da mal chamada transición enerxética». Alí, un cento de traballadores clamaron contra o desleixo da Xunta de Galicia e da multinacional eléctrica, «cruzados de brazos e nun silencio cómplice mentres se destrúen empregos na comarca sen alternativas de futuro».

    10/09/2021.
    Concentración diante da térmica das Pontes para denunciar a «fraude» da transición enerxética

    Concentración diante da térmica das Pontes para denunciar a «fraude» da transición enerxética

    A protesta desenvolveuse ás portas dunha central pendente aínda de data de peche por parte do Goberno central e sen ningún plan alternativo sobre a mesa.

    Con esta acción, os tres sindicatos queren facer visible a «falta de compromiso» por parte da Xunta de Galicia e da propia Endesa, «que tras de moitos anos de lucro na vila pontesa non artella solucións alternativas ao peche». Tamén lle afean á eléctrica que permita que auxiliares como Maessa inicien procesos «irreversibles», como un ERE que vai supor a perda de medio cento de postos de traballo.

    Os tres sindicatos están convocados para o venres á tarde a unha xuntanza con responsables de Endesa e da Xunta, á que tamén foron citados representantes dos transportistas e do Comité de Crise das Pontes.