Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma 2021

    O Gabinete de Igualdade de CCOO informa das características, requisitos e prazo para solicitar as axudas á conciliación para persoas traballadoras autónomas, reguladas na Orde do 10 de setembro de 2021. Estas axudas inclúen diferentes liñas, tanto para coidado de menores como de persoas maiores ou con dependencia.

    27/09/2021. Gabinete de Igualdade de CCOO
    CCOO emenda o paquete de medidas extraordinarias de conciliación presentado pola Xunta de Galicia

    CCOO emenda o paquete de medidas extraordinarias de conciliación presentado pola Xunta de Galicia

    Necesidades de conciliación subvencionables

    As persoas traballadoras por conta propia ou autónomas unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade poderán:

    — Obter unha compensación para a contratación dunha persoa durante un período máximo dun ano, para favorecer a conciliación da súa vida persoal e laboral e facilitar a continuidade e consolidación do seu proxecto empresarial.

    — Obter unha compensación para a contratación dunha persoa, durante o período subvencionable, para o coidado de menores e/ou maiores e dependentes (graos I, II e III), ao seu cargo.

    — Obter subvención dos gastos dos servizos de coidado de menores e/ou maiores e dependentes (graos I, II e III), realizados no período subvencionable, sempre e cando estean ao seu cargo.

    Persoas ou entidades beneficiarias

    — As persoas traballadoras, dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que teñan o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de careceren deste) na Comunidade Autónoma de Galicia, e gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade, despois da cal, no prazo dos quince días seguintes ao da súa finalización contraten unha persoa traballadora por conta allea.

    — As sociedades e comunidades de bens que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto ás persoas autónomas societarias.

    *O procedemento de concesión non ten a consideración de concorrencia competitiva. A concesión da axuda realízase pola comprobación da concorrencia na persoa solicitante dos requisitos establecidos ata o esgotamento do crédito orzamentario.

    Máis información

    Pódese obter máis información no documento que resume esta liña de axudas (descárgao anexo a esta nota informativa), na Sede electrónica da Xunta de Galicia, ou contactando co Gabinete de Igualdade de CCOO (gabineteigualdade@galicia.ccoo.es).