Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Abril 2024.

A campaña de recollida de sinaturas contra o peche da oficina de Muface de Santiago consegue o seu obxectivo

    A campaña de recollida de sinaturas promovida por CCOO contra o peche da oficina de Muface en Santiago de Compostela logrou o seu obxectivo. Inciada hai só unha semana, serviu para reunir máis de seiscentos apoios contra esta decisión, agora rectificada.

    28/09/2021.
    Exterior da oficina de Muface en Santiago de Compostela

    Exterior da oficina de Muface en Santiago de Compostela

    O peche estaba previsto para o vindeiro 30 de setembro, o que obrigaría a todas as persoas usuarias a desprazarse ata A Coruña, onde está a única sede provincial. Isto prexudicaría a traballadores e traballadoras de diferentes sectores públicos, como mestres e mestras, profesorado, persoal de conservatorio, policía nacional, traballadoras e traballadores de Correos... pero tamén centos de xubilados e xubiladas que teñen moitas máis dificultades para facer xestións telemáticas.

    CCOO agradece todas as adhesións recollidas nesta campaña, sen as cales non sería posible facer a presión suficiente para reverter o peche.