Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

CCOO cualifica de «violencia institucional» o arquivo da causa aberta polas mulleres gravadas na Maruxaina

    Comisións Obreiras cualifica de «violencia institucional» o arquivo da causa aberta polas mulleres que foron gravadas sen o seu consentimento na festa da Maruxaina, no concello mariñán de Cervo, no ano 2019. O sindicato rexeita os argumentos do xuíz para tomar esta decisión e incide no carácter «humillante e vexatorio» das imaxes, que posteriormente foron subidas a diferentes webs pornográficas.

    01/10/2021.
    CCOO esixe xustiza para as vítimas das gravacións da Maruxaina

    CCOO esixe xustiza para as vítimas das gravacións da Maruxaina

    Para CCOO, o arquivo da denuncia é «un reflexo máis» da inxusta situación de inferioridade que padecen as mulleres. O sindicato apela a «chamar as cousas polo seu nome» e, «fronte ao negacionismo por parte de movementos reaccionarios, instamos a non normalizar o que non é normal».

    CCOO manifesta a súa «repulsa» ante o argumento de que as imaxes foran tomadas na vía pública, porque as vítimas das gravacións non estaban nun lugar transitado, senón que procuraron zonas apartadas e discretas, «polo que a toma das imaxes entra na esfera do íntimo, que debe gozar de protección».

    Desde o sindicato entenden que normalizar ou banalizar esta agresión «é unha cuestión de índole pública e política que ten causas estruturais» e sentencia que se trata «dunha forma máis de violencia contra as mulleres, neste caso violencia institucional».