Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Vigo celebra 25 anos dos Encontros Sindicais da Muller

    Organizado polas secretarías da Muller de CCOO e UGT de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo, hoxe tivo lugar a XXV edición dos Encontros Sindicais da Muller. A Comisión Executiva Nacional de CCOO estivo representada pola súa secretaria xeral, Amelia Pérez, e pola secretaria da Muller, Mamen Sabio.

    07/10/2021.
    Amelia Pérez (esq.) e Mamen Sabio (der.) representaron neste encontro a Comisión Executiva Nacional de CCOO

    Amelia Pérez (esq.) e Mamen Sabio (der.) representaron neste encontro a Comisión Executiva Nacional de CCOO

    A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, deu o saúdo institucional a estes encontros, que teñen ás súas costas unha longa e fructífera traxectora. A seguir tomaron a palabra a secretaria comarcal de CCOO, Montse Carrera, e o seu homólogo da UGT, Ernesto Fontanes.

    A primeira parte da xornada centrouse nos efectos da covid-19 no mundo laboral feminino e a visibilización dos efectos producidos pola pandemia na esfera persoal, familiar e social das mulleres. Nesta parte interviñeron como relatoras a secretaria confederal de Emprego de CCOO, Lola Santiñana, e a vicesecretaria confederal da UGT, Cristina Antoñanzas.

    A segunda parte versou sobre a participación e promoción das mulleres nas empresas a través dos plans de igualdade. Como relatores interviñeron dous especialistas na materia, Fernando Armendáriz, técnico de igualdade de CCOO, e Paula Alves, técnica da UGT.

    Os encontros remataron coa proxección dun vídeo con testemuños e valoracións sobre este primeiro cuarto de século dos Encontros Sindicais da Muller, e coas intervencións das secretarias da Muller de CCOO e da UGT, Mamen Sabio e Trinidad Campos, respectivamente.