Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

10-O Dia Mundial da Saúde Mental

  • A Saúde Mental é un dereito.

A Organización Mundial da Saúde, sinala que unha de cada catro persoas no mundo tivo, ten ou terá un problema de saúde mental na súa vida..

10/10/2021.
A Saúde Mental é un dereito.

A Saúde Mental é un dereito.

Hoxe no Dia Mundial da Saúde Mental CCOO movese para reclamar o aumento de accións e estratexias que reduzan as desigualdades entre a poboación promovendo así unha boa saúde mental para todos e todas. A Saúde Mental é un dereito.

A Organización Mundial da Saúde, sinala que unha de cada catro persoas no mundo tivo, ten ou terá un problema de saúde mental na súa vida e que os trastornos mentais serán a principal causa de discapacidade a nivel mundial en 2030. Os accidentes laborais por este tipo de enfermidades son cada vez máis frecuentes.

CCOO ten un aumento xeral das consultas para a avaliación e prevención de riscos psicosociais. Unha investigación recente realizada pola Universidade Autónoma de Barcelona e o Instituto Sindical de Medio Ambiente e Saúde Laboral (ISTAS-CCOO) demostra que "case a metade da poboación asalariada segue traballando en condicións de alta tensión, con máis traballo do que se pode facer no tempo asignado e, ao mesmo tempo, con pouca influencia na toma de decisións sobre as súas tarefas, situando o risco de ter unha mala saúde mental nun 60,6%, sendo máis acusado no caso das mulleres (66,9%) que nos homes (54,8%) .