Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

O cadro de persoal de Konecta vólvese mobilizar na Coruña en defensa dos seus dereitos

  • Denuncian as malas condicións laborais do servizo Superliña que prestan para o Banco Santander

As traballadoras e traballadores de Universal Support, do Grupo Konecta, volveron saír hoxe ás rúas da Coruña en defensa dos seus dereitos laborais. Concentráronse diante do Banco Santander, un dos principais clientes desta empresa do sector de centros de chamadas.

18/10/2021.
O persoal de Universal Support, do grupo Konecta, esixe que se respecten os seus dereitos laborais

O persoal de Universal Support, do grupo Konecta, esixe que se respecten os seus dereitos laborais

O Banco Santander atente telefonicamente a súa clientela a través do servizo Superliña, prestado polo grupo Konecta desde o centro de traballo de Bergondo, cun cadro de persoal de 170 persoas.

Desde o comité denuncian as condicións de «absoluta precariedade» con que se presta o servizo. Entre outros, destacan a falta de formación axeitada para poder resolver todos os problemas que poidan xurdir cos produtos comercializados polo banco; condicións salariais do convenio dos centros de chamadas e, polo tanto, con «salarios de miseria»; empeoramento continuado das condicións laborais, obrigando o persoal a traballar durante as fins de semana e festivos estatais por decisión da empresa e sen compensación; incumprimento da lexislación no referente á regulación dos días de traballo e libranzas; contratacións temporais irregulares que evitan a estabilidade laboral ou as promocións de categoría profesional; e ritmos de traballo frenéticos e sen pausa entre as chamadas.

A representación legal do persoal afirma que quen paga as consecuencias de todo isto son as clientas e clientes do Banco Santander, «verdadeiros prexudicados desta situación», inciden.