Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO gaña as eleccións en SEAGA Pontevedra

    A candidatura de Comisións Obreiras gañou as eleccións sindicais na empresa pública SEAGA en Pontevedra, logrando as tres cuartas partes dos votos e da representación.

    23/10/2021.
    Nas eleccións sindicais é o momento de apoiar as candidaturas de CCOO

    Nas eleccións sindicais é o momento de apoiar as candidaturas de CCOO

    Dos 42 votos emitidos, 32 foron para CCOO, nove para a CIG e un en branco. Isto permítelle a Comisións obter tres delegados e delegadas fronte a un do sindicato nacionalista.

    Con estes resultados, o comité de empresa queda formado por cinco delegados e delegadas de CCOO e catro da CIG.

    Desde CCOO agradecen o apoio mostrado polo persoal da empresa pública SEAGA en Pontevedra e dan os parabéns á súa candidatura, que seguirá loitando para mellorar as condicións económicas e laborais.