Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 24 Abril 2024.

María José Novoa, secretaria comarcal de CCOO da Mariña: «Temos que loitar!»

    «A Mariña é sanidade, Vestas, Alcoa, o pequeno comercio... Para que todo isto funcione e tire para adiante, temos que loitar por iso. Temos que loitar». Con estas palabras remataba a súa intervención en Burela a secretaria comarcal de CCOO da Mariña, María José Novoa, após a multitudinaria manifestación que este mediodía percorreu as rúas burelás.

    17/11/2021.

    URL | Código para insertar

    «Estamos demostrando que A Mariña é unha comarca unida cando está loitando polo seu futuro», sinalou a sindicalista, referíndose ao seguimento masivo da folga que está hoxe a paralizar a actividade na bisbarra.

    «Esta folga é social», sinalou, porque atinxe a todos os sectores económicos e sociais dunha comarca que leva demasiado tempo no esquecemento das Administracións, denunciou.