Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Os sindicatos amosan diante do Parlamento o seu rexeitamento ao tratamento que recibe a sanidade nos orzamentos

    Os sindicatos con representación na mesa sectorial, entre eles CCOO, concentráronse este luns diante do Parlamento de Galicia para amosar o seu rexeitamento ao tratamento que se lle dá á sanidade pública nos orzamentos autonómicos do 2022. Denuncian que a situación é especialmente preocupante na atención primaria, porta de entrada ao sistema público, cuxo orzamento diminúe un 2% respecto do ano pasado.

    13/12/2021.
    Concentración diante do Parlamento de Galicia para esixir máis investimento na sanidade pública

    Concentración diante do Parlamento de Galicia para esixir máis investimento na sanidade pública

    Javier González, secretario xeral de CCOO-Sanidade, denuncia que a Xunta de Galicia «non ten ningún xesto cara ao persoal», malia o grande esforzo realizado desde que comezou a pandemia. Os orzamentos non prevén melloras nas condicións de traballo, nin aumento de contratacións, nin incremento das retribucións.

    Desde o ano 2008, «todas as melloras que houbo foron a través dos orzamentos xerais do Estado», denuncia o sindicalista.