Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Fartos e fartas que os traballadores e traballadoras de Ence sexan o inimigo a bater polo alcalde e Goberno do Concello de Pontevedra

    Miles de persoas veñen saíndo ás rúas contra as políticas de agresión e criminalización ao persoal de ENCE, empresas auxiliares e outros sectores, por defender os seus postos de traballo. 

    21/12/2021.

    URL | Código para insertar

    Agora xunto a revindicación do mantemento dos postos de traballo en Lourizan-Pontevedra, CCOO tamén denuncia a crecente represión contra todas as persoas e movementos sociais que, no libre exercicio de dereitos fundamentais, se opoñen ás políticas antisociais do Goberno do Alcalde Lores, e esiximos o respecto aos dereitos e condicións de vida e traballo dignas da clase obreira dependente directa ou indirectamente dá continuidade de ENCE na comarca de Pontevedra.

    Dende CCOO esiximos a retirada da denuncia contra un delegado sindical de CCOO ao que a Fiscalía lle pide un ano de prisión por participar nunha protesta. A presidenta do comité de oficinas, Ana Cedeira, pide que o alcalde retire a denuncia. «Nós non somos violentos, somos traballadores», recalca a sindicalista.

    CCOO coida un «despropósito, unha esaxeración fóra de toda racionalidade e proporcionalidade» o ano de cárcere que a Fiscalía solicita para o compañeiro por se manifestar. Comisións critica os criterios «máis políticos ca xurídicos» da acusación, así como o seu fundamento nun relato do Alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores «esaxerado e dramatizado» coa intención de «escarmentar e silenciar as protestas».