Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

CCOO mobilizaráse contra o Concello de Rois por desatender o Servizo de Axuda a domicilio.

    A Asamblea de traballadoras, reunidas co Comité, aproba por unanimidade iniciar mobilizacións contra o Concello ante a desidia do mesmo para abordar os problemas do SAF.A 

    18/02/2022.
    asamblea traballadoras de SAF-Concello Rois

    asamblea traballadoras de SAF-Concello Rois

    As traballadoras do Servicio de Axudan o Fogar de Rois non toleran mais o maltrato do Alcalde, Ramón Tojo Lens, que fai oidos sordos as reiteradas peticións por parte de CCOO do Hábitat para manter unha xuntanza na que aborde a actual situación de irregularidade contractual con “ ULLA SAR SERVIZOS SOCIOSANITARIOS” e cumpla co prometido, ou de ser o caso, que se busque unha solucción a través dunha nova licitación para solventar as carencias e incumplimentos na prestación do servicio que están sufrindo as auxiliares.

    O Concello, a través do seu alcalde, comprometeuse co Sindicato a soluccionar e regular a actual situación coa actual Contrata que presta o Servizo de Axuda no Fogar no Concello, a cal se encontra en prórroga indefinida motivado polo deserto das Empresas a concurrir na anterior licitación por entender que a oferta económica era insuficiente.

    O longo dos vindeiros días, o Comité de Empresa anunciará o inicio de mobilizacións contra o Concello para denunciar públicamente esta situación que afecta directamente a maneira en como se dan as relacións labois no Centro de Traballo, e consecuentemente, tamén afecta a calidade do servizo que se ofrece os usuarios e usuarias.