Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Perdiches a mesa redonda «Sindicalismo en transición»? Pódela ver na nosa canle de Youtube

    24/02/2022.
    Mesa redonda «Sindicalismo en transición»

    Mesa redonda «Sindicalismo en transición»

    Xa está dispoñible na nosa canle de YouTube a mesa redonda «Sindicalismo en transición», organizada polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Fundación 10 de Marzo. Estruturada en dúas partes, historiadores e dirixentes sindicais repasaron as loitas obreiras de 1972 e debuxaron como evolucionou o sindicalismo no último medio século, desde a clandestinidade aos tempos de hoxe.

    Na primeira parte interviñeron a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO, Amelia Pérez, o exsecretario xeral Suso Díaz e o historiador Víctor Santidrián. Moderou Ricardo Gurriarán, historiador e membro da Fundación 10 de Marzo.

    Na segunda tomaron a palabra dous exsecretarios xerais da Confederación Sindical de CCOO, Antonio Gutiérrez e Ignacio Fernández Toxo, acompañados polo historiador Honorio Cardoso. Moderou Sari Alabau, dirixente histórica do PCG.

    Ligazon: https: 📺 Mesa redonda «Sindicalismo en transición»