Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

Hoxe, máis ca nunca, é imprescindible manter presentes os principios fundadores de Europa: paz, democracia e solidariedade

    CCOO e UGT reiteramos nosa máis enérxica condena á invasión rusa de Ucraína. Este covarde e ilexítimo acto bélico e a consecuente guerra deben parar de inmediato. Así mesmo, expresamos a nosa solidariedade coas xentes de Ucraína e especialmente coa súa clase traballadora, coas vítimas no país e cos traballadores e traballadoras ucraínas que residen en España e que viven con dor o drama da guerra na distancia.

    03/03/2022.
    Comunicado conxunto das confederacións sindicais de CCOO e UGT

    Comunicado conxunto das confederacións sindicais de CCOO e UGT

    CCOO e UGT esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que a acción bélica pare de maneira urxente e as tropas rusas se retiren do territorio ucraíno —que ocuparon violando a legalidade internacional— e se restitúa a paz.

    No terreo humanitario, o Goberno de España e a Unión Europea deben estar á altura que require esta situación e marcar unha clara diferenza con outras ocasións nas que non o estiveron. Estamos obrigados a brindar todo o apoio necesario ás persoas afectadas pola guerra —na propia rexión ou a onde se despracen—, garantindo o establecemento e seguridade de corredores humanitarios e elaborando plans de acollemento e recolocación dentro da UE.

    Así mesmo, deberán facilitarse oportunidades laborais. Hoxe, máis ca nunca, é imprescindible manter presentes os principios fundadores de Europa: paz, democracia e solidariedade. Reafirmamos o noso compromiso co desarmamento en todo o mundo e co sinamento do Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares a nivel global, garante de paz e a liberdade a nivel mundial.

    CCOO e UGT solidarizámonos tamén co pobo ruso que reclama a fin da guerra e que de maneira valente se manifesta contra as actuacións do seu goberno e que está a ser represaliado, detido e encarcerado por exercer dereitos tan fundamentais como o de liberdade de opinión ou manifestación, así como coa clase traballadora que tamén alí pagará un alto prezo pola aposta bélica do seu goberno.

    CCOO e UGT chamamos a atención sobre o vergoñento e irresponsable xogo de forzas políticas disruptivas e de tinguidura autoritaria que emerxeron en todo o mundo e significativamente en Europa, e que pasaron do coqueteo con Putin a bramaren con máis forza as súas mensaxes antieuropeístas e golpear os tambores de guerra coa bandeira nacional. O nacional-populismo do que fai gala a extrema dereita é un risco para a democracia e a súa exacerbación unha consecuencia máis da guerra. A clase traballadora española, así como a mundial, recoñecémonos só nun mundo sen guerras e en alcanzar a paz xusta e duradeira, tamén a través da xustiza social.

    Facemos, por iso, un chamamento aos traballadores e ás traballadoras de España a que o MÉRCORES 9 DE MARZO se manifiesten de maneira silenciosa na entrada dos seus centros de traballo de 12:00 a 12:05 horas, solidarizándonos así co pobo de Ucraína, pedindo o cesamento do fogo e a inmediata retirada de tropas rusas do país.