Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

«É imprescindible manter presentes os principios fundadores de Europa: paz, democracia e solidariedade»

    06/03/2022.
    9 de marzo Paz en Ucrania

    9 de marzo Paz en Ucrania

    CCOO e UGT reiteramos a nosa máis enérxica condena á invasión rusa de Ucraína. Este covarde e ilexítimo acto bélico e a consecuente guerra deben parar de inmediato. Así mesmo, expresamos a nosa solidariedade coas xentes de Ucraína e especialmente coa súa clase traballadora, coas vítimas no país e cos traballadores e traballadoras ucraínas que residen en España e que viven con dor o drama da guerra na distancia.

    CCOO e UGT esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que a acción bélica pare de maneira urxente e as tropas rusas se retiren do territorio ucraíno —que ocuparon violando a legalidade internacional— e se restitúa a paz.

    Facemos, por iso, un chamamento aos traballadores e ás traballadoras de España a que o MÉRCORES, 9 DE MARZO, se manifesten de maneira silenciosa na entrada dos seus centros de traballo de 12:00 a 12:05 horas, solidarizándonos así co pobo de Ucraína, pedindo o cesamento do fogo e a inmediata retirada de tropas rusas do país.