Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

As traballadoras do SAF máis precarizado de Galicia piden a rescisión do contrato da empresa adxudicataria

    As traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF) do concello de Oza-Cesuras, rexistraron este martes unha solicitude para que se lle rescinda o contrato á actual concesionaria, Os Ventos, polos «múltiples incumprimentos» da normativa laboral. Este 8 de marzo, a secretaria xeral de CCOO do Hábitat, Alejandra Gesto, quixo acompañar as traballadoras do que é o SAF máis precarizado de toda Galicia.

    08/03/2022.
    As traballadoras rexistraron este 8M un escrito pedindo a rescisión da contrata

    As traballadoras rexistraron este 8M un escrito pedindo a rescisión da contrata

    «Nunca vin un esperpento semellante. O alcalde, entre as queixas das traballadoras, quita unha foto para as redes sociais presumindo de apoialas», censura Gesto. Pola súa parte, as traballadoras do SAF rexeitan o ‘apoio’ de Pablo González e ínstano a que «cumpra coa súa obriga», que é aplicar «de xeito contundente» o réxime sancionador contra a contrata. Advirten de que se está coordinando o servizo dende Santiago e avanzan que o alcalde «só reaccionará cando pase algo grave».

    Pola súa parte, os grupos municipais do BNG e do PSOE van presentar mocións esixindo o cumprimento da normativa laboral na prestación do servizo de axuda no fogar.