Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

10 de Marzo: «A nosa historia protagonízaa a xente de a pé, homes e mulleres que non dubidaron en arriscar as súas vidas para que as xeracións vindeiras tivésemos un futuro mellor»

    15/03/2022.

    URL | Código para insertar

    Compartimos convosco o vídeo-resumo da manifestación do aínda recente Día da Clase Obreira Galega, que supón o comezo dun ano de conmemoracións ao redor do lema «50 anos na historia», en referencia ás loitas obreiras de Ferrol e de Vigo en 1972.

    Como explica a secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, son 50 anos na historia, unha historia «protagonizada por xente de a pé, homes e mulleres que non dubidaron en arriscar as súas vidas para que as xeracións vindeiras tivésemos un futuro mellor».

    No Día da Clase Obreira Galega lembramos cada ano o acontecido naquel «fatídico» 10 de marzo de 1972, cando a loita «era moito máis ca reivindicacións laborais», pois era tamén «unha loita pola liberdade, por romper as cadeas dunha ditadura que levaba corenta anos asfixiando este país».