Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 23 Abril 2024.

Mércores reivindicativo en Galicia para pedir a contención dos prezos da enerxía

    O pasado mes de febreiro, a inflación alcanzou unha nova cifra histórica ao se situar no 7,6 %, o nivel máis alto desde 1986.

    24/03/2022.

    URL | Código para insertar

    CCOO xunto a sociedade civil e UGT desenvolveorn durante todo este mércores unha xornada de reivindicación para pedir a contención dos prezos da enerxía, que se protexa o emprego e que se free a deterioración das condicións de vida. En todo o Estado houbo 58 mobilizacións, nove delas en Galicia.

    Nas protestas fíxose un chamamento ao Goberno do Estado para que despregue un amplo catálogo de medidas de apoio aos sectores económicos máis impactados polo incremento dos prezos, sen se esquecer tampouco dos colectivos máis vulnerables, que sofren de xeito especial esta situación.

    «En España non se poden seguir revalorizando os alugueiros con esta inflación. Hai varios millóns de persoas moi vulnerables, con salarios e rendas baixos, persoas que cobran menos do salario mínimo interprofesional (SMI) e persoas sen apenas recursos que requiren de axudas para facer fronte a gastos esenciais como son os da luz ou os da cesta da compra».

    👉 Ver máis: CCOO convoca o 23 de marzo mobilizacións contra a suba dos prezos