Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

Amelia Pérez: «Hai que incluír cláusulas de garantía salarial para protexer o poder adquisitivo»

    A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, foi entrevistada este luns no programa 'Bos Días' da Televisión de Galicia. Ante o contexto actual de inflación, a dirixente sindical defendeu asinar cláusulas de garantía salarial para protexer o poder adquisitivo da clase traballadora.

    02/05/2022.
    Intervención da secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, na Televisión de Galicia

    Intervención da secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, na Televisión de Galicia

    Canto ás reticencias das empresas a subiren os soldos, Amelia Pérez lembrou que «pola pandemia houbo recursos públicos para paliar os efectos da crise». Por esta razón, reprochou que «non é de recibo» que agora haxa empresarios que se opoñan a gañar menos para permitir revalorizar os salarios.

    Na súa opinión, se non se produce esa revisión salarial «irá aumentando a conflitividade» e puxo como exemplos conflitos xa abertos como os do comercio de alimentación e o metal —ambos na provincia da Coruña— ou as mobilizacións nos servizos de axuda no fogar.

    Cara ao remate da entrevista, a secretaria xeral de CCOO lembrou que o pasado mes de abril se cumpriron 45 anos da legalización das organizacións sindicais en España. «Temos case un millón de persoas afiliadas en todo o Estado e a afiliación e as eleccións sindicais son a base da nosa lexitimación», apuntou.

    «Os sindicatos gozamos de boa saúde e seguiremos organizando a clase obreira, porque o elemento máis transformador da sociedade é poñer no centro o factor traballo», afirmou Pérez.