Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 28 Marzo 2024.

CCOO alerta dun posible freo na creación de postos de traballo no sector da construción ante a inacción das Administracións públicas á hora de adaptar os contratos aos prezos dos materiais

    Alejandra Gesto, secretaria xeral de CCOO-Hábitat, advirte que a falta de toma de decisións das Administracións públicas pode prexudicar os traballadores e traballadoras do sector, provocando a paralización na xeración de emprego ou empeorando as súas condicións laborais. 

    06/05/2022.
    adaptar os contratos públicos no sector da construcción

    adaptar os contratos públicos no sector da construcción

    CCOO do Hábitat de Galicia alerta dun posible freo na creación de postos de traballo no sector da construción ante a inacción das Administracións á hora de adaptar os contratos de obra pública ao incremento dos prezos das materias primas, da enerxía e dos salarios. Advirte que esta falta de toma de decisións pode prexudicar os traballadores e traballadoras do sector, provocando a paralización na xeración de emprego ou empeorando as súas condicións laborais. 

    CCOO reclama axilidade na modificación do marco normativo vixente da contratación pública, para adaptalo á situación actual de incerteza e volatilidade que está afectando a unha das industrias que máis emprego xera en Galicia. 

    «Temos preocupación polos contratos de obra pública que están a quedar desertos e que prexudican a contratación de traballadores e traballadoras dun sector xa de seu marcado polo envellecemento do persoal das empresas e pola falta de operarios e operarias cualificadas», afirma Alejandra Gesto, secretaria xeral de Comisións Obreiras do Hábitat de Galicia.