Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Abril 2024.

Comezan as mobilizacións contra o recorte salarial en Vitrasa

    Os delegados e delegadas de CCOO acompañan a mais de cen persoas traballadoras de Vitrasa na concentración convocada polo comité de empresa fronte ao Concello de Vigo.

    13/05/2022.
    Concentración diante do Concello de Vigo en defensa das condicións laborais na empresa Vitrasa

    Concentración diante do Concello de Vigo en defensa das condicións laborais na empresa Vitrasa

    O cadro de persoal de Vitrasa dá un paso adiante en defensa dos seus salarios, que a dirección pretende recortar un 30%, amais de deteriorar outras condicións, como a modificación das quendas —incompatibles coa conciliación e o descanso adecuado.

    Durante a concentración, o concelleiro de fomento e servizos, Francisco Javier Pardo, requiriu a un representante de cada sección sindical para unha reunión, na que plasmou o apoio total do Concello á clase traballadora en este conflito. Neste senso, o Concello de Vigo adquire un compromiso de valorar todas as posibilidades legais para impedir que se materialicen os desexos da dirección da empresa.

    CCOO anuncia que a folla de ruta segue: na asemblea do pasado 7 de maio, o persoal aprobou unha folga indefinida se finalmente a empresa executa a rebaixa salarial.

    O vindeiro día 19 de maio, ás 19 horas, terá lugar unha manifestación desde o cruzamento de Choróns ata a Porta do Sol, para seguir reivindicando a protección das condicións laborais en Vitrasa.