Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

CCOO logra que a contrata da axuda no fogar de Vedra cumpra coa suba salarial do 6,5 %

    CCOO do Hábitat logra que a empresa Atendo, contrata do servizo de axuda no fogar do Concello de Vedra, cumpra coa suba salarial do 6,5 % a que está obrigada por convenio. Tras a denuncia formulada por CCOO este xoves, 19 de maio, tivo lugar unha mediación no Consello Galego de Relacións Laborais en que a empresa se comprometeu a respectar o pactado.

    19/05/2022.
    CCOO logra a suba salarial do 6,5% no SAF de Vedra

    CCOO logra a suba salarial do 6,5% no SAF de Vedra

    O convenio colectivo vixente estipula que todos os conceptos económicos serán actualizados nunha contía igual ao IPC do ano anterior —neste caso, 6,5 %—, os cales serán aboados desde o primeiro mes do ano. Tras a mediación de hoxe, o aumento farase efectivo xa na nómina de maio, mentres que na de xullo se pagarán os atrasos correspondentes aos primeiros meses deste ano.

    Rexistro horario

    Ademais do acordado sobre a revisión salarial, tamén se tratou o regulamento do rexistro horario a través de aplicacións para o teléfono móbil particular. Neste sentido, acordouse que o uso desta ferramenta nun teléfono particular será voluntaria. As traballadoras que non a queiran usar deberano poñer en coñecemento da empresa e, no prazo dun mes, estableceranse sistemas alternativos para o control da xornada.