Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 25 Abril 2024.

A Unión Comarcal de CCOO de Vigo presenta os concursos de carteis e relatos curtos polo 50 aniversario de VIGO 1972

    Carlos Nuñez e Alonso Montero presidirán os concursos de carteis e relatos curtos, con motivo do 50 aniversario da folga de 1972 de Vigo. Duas personas históricas no campo sociopolítico e cultural que aportan un valor engadido a unha inciativa que pretende recoller a iconografía e a epopeia deste feito histórico. Os gañadores de ámbolos dous concursos terán un premio en metálico e serán incluidos nun libro de relato e carteis que publicara CCOO Vigo e presentará en setembro de 2022.

    27/05/2022.

    URL | Código para insertar

    Este xoves 26 de maio, a Unión Comarcal de CCOO Vigo presentou as bases dos concursos de carteis e relatos curtos que xiren arredor da folga de setembro de 1972 que tivo lugar en VIgo. 

    Presidirá o concurso de carteis, Carlos Nuñez Rodriguez, dirixente político na folga do 72, publicista e deseñador, traballando en varias editoriais, fundador do estudio Variografik, conlaborando con prestixiosos artistas, onde desarrollou a sua carreira profesional para empresas e institucións públicas nacionais. Ten escritos varios libros: "Vigo a lo largo de la historia", "Diccionario de la Escritura, las Artes e Industrias Gráficas", "Vigo Metropolitano en la Galicia Cética" e "Gota Galaica". Pertence a Fundación Gutenberg de Alemania e a Asociación Appilis de París. 

    Xesús Alonso Montero será o presidente do concuros de relatos curtos. Escritor, poeta, ensaista, traductor, sociolingüista e catedrático honorífico da universidade de Santiago. Membro da Real Academia Galega, que presidiu de 2013 a 2017. Un dos intelectuais mais premiados e recoñecidos da nosa cultura: Premio Galicia de Periodismo, Premio Nacional de Periodismo Julio Camba, Premio Otero Pedraio e Pemio Trasalba.

    Os participantes poderán entregar as súas propostas ata o 20 de xullo. Os premiados optarán a un primer premio de 200 euros e un segundo de 100€ en ámbolos dous concurso. Adicionalmente formarán parte dun libro de relatos e carteis, no que colaborarán escritores e artistas da cultura galega.

    Este libro terá como obxetivo ficcionar, novelar e recrear estes importantes acontecentes que mudaron a nosa sociedade. 

    As bases están dipoñibles na web de CCOO.GAL es xa e posible dirixir propostas a través correo concursoccoovigo@galicia.ccoo.es.