Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 29 Marzo 2024.

Continúan as mobilizacións contra a represión sindical no estaleiro vigués Metalships

    As rúas de Vigo acolleron unha nova manifestación contra a represión sindical no estaleiro Metalships, unha mobilización na que participou a secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galcia, Amelia Pérez.

    10/06/2022.

    URL | Código para insertar

    Mobilización en defensa do convenio e contra a represión en Metalships

    Mobilización en defensa do convenio e contra a represión en Metalships

    Tras unha pancarta co lema «Non á represión sindical en Metalships», ducias de traballadores e traballadoras amosaron o seu rexeitamento ás prácticas antisindicais da empresa e esixiron a readmisión das persoas despedidas.

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional amosoulles o apoio da organización e cualificou estes despedimentos de «vulneración de dereitos fundamentais». En opinión de Amelia Pérez, despedir traballadores que se mobilizaron por un convenio xusto —o actual caducou en 2019— é «un claro caso de represión sindical».